mércores, 22 de decembro de 2021

FESTA DE FIN DE TRIMESTRE

E chegou o día, hoxe rematamos o 1º trimestre deste curso. Os nenos e nenas estaban moi emocionados, tanto polas vacacións como pola festa que nos esperaba durante a mañá.

Aínda que sabían que faríamos unha festa de fin de ano na clase, houbo moitas sorpresas que non se esperaban. E unha delas foi...

¡A VISITA DOS REIS MAGOS AO COLEXIO!







Aquí vos deixamos o vídeo da visita dos Reis Magos, e que tamén está colgado no Blog do centro.


Outra das sorpresas foi o photocall que había colocado no colexio e no que aproveitamos para sacar fotos.





E tamén sacamos fotos co Apalpador e coa árbore de Nadal feita por todo os nenos e nenas do colexio.




Xa que non podemos darlle a benvida ao novo ano cos nosos compañeiros/as de clase, decidimos facelo na clase uns días antes, e como boa festa de fin de ano temos que comezar coas badaladas.
Aquí deixamos o vídeo para que vexades que o fixemos xenial.



E...¡QUE COMECE A FESTA!






¡FELIZ ANO E FELICES VACACIÓNS!


luns, 20 de decembro de 2021

O NADAL

Co remate do 1º trimestre chegou a época do Nadal que tanto lles gusta aos cativos e cativos. Deste xeito, as últimas semanas antes das vacacións estivémolas adicando a tratar esta temática a través de diferentes propostas. Aquí vos deixamos algunhas fotos para que poidades velas.

Como actividade de todo o centro, elaboramos os marcapáxinas que chegarán á casa do compañeiro ou compañeiro que nos tocou no sorteo.






Creamos renos pintando cos dedos.










Elaboramos postais de Nadal aproveitando xornais reciclados. Cada un/a escolleu a silueta que máis lles gustou, despois pegárona e escribiron a felicitación de Nadal.











Tamén fixemos as bolas de Nadal coa nosa foto para colgar nas árbores das nosas casas.












E por último puxémonos mans á obra coas bolsas nas que levamos os nosos traballos deste trimestre. Troquelamos as estrelas e pegámolas nas bolsas, e por último envolvimos lá na estrela máis grande.









¡ENCÁNTANOS CREAR COUSAS NOVAS!