venres, 29 de outubro de 2021

SAMAÍN

Chegamos a un dos momentos que máis no gusta do curso, o SAMAÍN

Dende o proxecto que leva  acabo a biblioteca do centro adxudicáronnos centrarnos no conto, e na nosa clase escollemos o conto "Carabuñas" de Margarita del Mazo. 

Tamén, tal e como vós participastes, nos tamén decoramos unha vasoira en colaboración co resto do ciclo de educación infantil, a cal está inspirada nos contos de "Corre, corre cabaciña", "Carabuñas" e "Como me gusta a túa vasoira" que cada aula foi traballando.


Outra das cousas que fixemos para celebrar o Samaín, foi acudir á biblioteca a escoitar un dos contos feitos polos nosos compañeiros/as da escola. Nós escollimos ler o conto "Corre, corre cabaciña" que versionou a aula de 3 anos e encantounos.


¡PASAMOS UN DÍA TERRORÍFICAMENTE DIVERTIDO!









xoves, 21 de outubro de 2021

TALLER DE IGUALDADE

 A ANPA do cole fixo posible que realizasemos actividades de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero.

Unha delas foi un TALLER DE IGUALDADE onde vimos outra forma de entender os contos a través de diferentes historias.







¡FOI TODO UN PRACER!

xoves, 14 de outubro de 2021

SAÍDA AO SALÓN TEATRO

Realizamos a nosa primeira saída do curso, e foi ao Salón Teatro de Lalín para ver unha sesión de contacontos titulada "Principas e princesos" de Pablo Sánchez.

Dita sesión trataba a igualdade de xénero, véndoo todo dende outra perspectiva a que estamos acostumados e acostumadas.






¡OGALLÁ PODER DESFRUTAR MÁIS VECES DE ACTIVIDADES TAN NECESARIAS COMO ESTAS!

luns, 11 de outubro de 2021

COMEZO DO CURSO 2021-2022

 ¡BENVIDOS AO BLOG DA AULA DE 4 ANOS!

Tardamos en arrancar, pero vimos con todas as enerxías do mundo para ensinarvos as cousas que imos facendo.

Para comezar ensinámosvos a nosa visita ao HORTO ESCOLAR, onde plantamos nabicol na compañía das mestras Andrea e Berta.






¡ESTAMOS DESEXANDO VOLVER!