luns, 29 de novembro de 2021

25 N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Durante a semana estivemos tratando a Violencia de Xénero na aula coincidindo coa data na que se conmemora, o 25 de novembro.
Despois dunha reflexión sobre o que entendemos por  violencia de xénero, debatimos sobre as cousas que están ben e están mal cara as persoas.

Na aula decidimos tratar a violencia de xénero a través do conto "O Chuvasqueiro de Aurora" de María Márquez.

Un precioso conto que reflexa a dura realidade da violencia de xénero dunha forma moi delicada e realista dende a perspectiva dunha cativa, facendo moi sinxelo que sexa comprendida polos nenos e nenas.

Aquí vos deixamos o conto na súa versión en castelán. 

Despois da lectura do conto (onde estivemos moi atentos e atentas e conectamos rapidamente con Aurora, a protagonista do conto), fixemos un pequeno repaso sobre a prevención da violencia de xénero e como actuar se coñecemos algún caso.

Outra das actividades foi ordenar o título do conto nun folio, e escribímolo con sellos, para despois facer un debuxo de Aurora.
Ademais, creamos o mural contra a violencia de xénero para ter na nosa aula.

Tamén colaboramos co resto do alumnado do ciclo de educación infantil cos elaboración do mural "A educación é a mellor vacina para a Violencia de Xénero" e que colocamos nun dos corredores do centro.
Para rematar a semana, acudimos ao salón de actos para desfrutar da actuación dos compañeiros e compañeiras de 4º e 6º de educación primaria en contra da Violencia de Xénero.






Aínda que xa o tiñamos claro, nesta clase seguimos dicindo...

¡NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!

venres, 19 de novembro de 2021

SAÍDA

Como sabedes, o martes 16 de novembro fixemos unha saída ao Museo Ramón María Aller Ulloa en Lalín para ver a "XV Bienal Pintor Laxeiro".

Antes de facer a visita coñecimos un pouco a vida deste pintor lalinense e algunha das súas obras. Chamáronnos tanto a atención estes cadros que nós tamén quixemos facer a nosa particular aportación creando o noso propio cadro de Laxeiro. Aquí vos deixamos algunhas imaxes do proceso.




Coñecendo un pouco máis sobre o pintor, dirixímonos a Lalín. Xa estamos acostumados a ir en autobús, pero séguenos facendo moita ilusión compartila cos nosos compañeiros e compañeiras de clase.












Ao chegar a Lalín, aínda non era o noso turno de ir ao museo, asique aproveitamos para escoitar a explicación que nos fixo a profe Pili sobre Xoaquín Loriga.



E tamén fomos a ver ao peregrino ubicado onde a Biblioteca Municipal, onde aproveitamos para tomar a media mañá.






E agora sí, collemos camiño cara o museo para ver a exposición. Estivemos moi atentos e atentas e gustáronos moito os cadros, pero o que máis nos gustou sen dúbida foron os cabezudos que representann a obra "A familia da Romea".









Portámonos tan ben que Cecilia nos agasallou podendo ver o OBSERVATORIO de Ramón María Aller Ulloa
¡MOITAS GRACIAS CECILIA!








E como non, tamén sacamos unha foto coa estatua de Laxeiro.





Dende alí diríximono á Praza de Galicia, onde puidemos ver o traballo de Protección Civil e da Policía Local.
















Rematamos a saída recollendo uns carnés de "Policías junior" que nos regalaron, e que ao día seguinte cubrimos na clase.
 ¡MOITAS GRACIAS!








¡FOI UN DÍA CARGADO DE DIVERTIMENTO E APRENDIZAXE!