mércores, 27 de abril de 2022

Proxecto anual da biblioteca: O conto e "O mellor cocido do mundo"

Como cada ano, no centro levamos a cabo o proxecto anual da biblioteca, que este ano ten como lema "No C.E.I.P. Xoaquín Loriga temos a palabra".

Deste xeito, cada curso mergullouse nun xénero literario, e en concreto o ciclo de Educación Infantil traballamos o conto.

Todas as clases de Educación Infantil creamos un vídeo en conxunto onde explicamos diferentes características deste xénero literario, o cal podedes ver a continuación.


Na nosa aula estivemos traballando o conto "A mellor sopa do mundo" de OQO Editora, e decidimos facer unha adaptación.

Polo que, aproveitando todo o que aprendimos da Feira do Cocido de Lalín creamos "O MELLOR COCIDO DO MUNDO".

A continuación podedes ver "O mellor cocido do mundo".

¡ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

mércores, 22 de decembro de 2021

FESTA DE FIN DE TRIMESTRE

E chegou o día, hoxe rematamos o 1º trimestre deste curso. Os nenos e nenas estaban moi emocionados, tanto polas vacacións como pola festa que nos esperaba durante a mañá.

Aínda que sabían que faríamos unha festa de fin de ano na clase, houbo moitas sorpresas que non se esperaban. E unha delas foi...

¡A VISITA DOS REIS MAGOS AO COLEXIO!







Aquí vos deixamos o vídeo da visita dos Reis Magos, e que tamén está colgado no Blog do centro.


Outra das sorpresas foi o photocall que había colocado no colexio e no que aproveitamos para sacar fotos.





E tamén sacamos fotos co Apalpador e coa árbore de Nadal feita por todo os nenos e nenas do colexio.




Xa que non podemos darlle a benvida ao novo ano cos nosos compañeiros/as de clase, decidimos facelo na clase uns días antes, e como boa festa de fin de ano temos que comezar coas badaladas.
Aquí deixamos o vídeo para que vexades que o fixemos xenial.



E...¡QUE COMECE A FESTA!






¡FELIZ ANO E FELICES VACACIÓNS!